Espazos protexidos > Introducción

O noso Concello e a nosa comarca son Reserva da Biosfera, Parque Natural, Rede Natura 2000 e linde do Parque Nacional portugués de Peneda-Geres. Todo un reto para xerar riqueza, emprego rural, e oportunidades de vida para os habitantes de Entrimo desde a sustentabilidade. Pois son os entrimeños quen a través dos séculos, coa súa actividade na agricultura, gandaría e o monte souberon xestionar de forma sustentable o territorio e os seus recursos, até o día de hoxe.

A aposta de Entrimo polo desenvolvemento rural, contribúe a seguir avanzando na protección do medio ambiente, conseguindo que Reserva da Biosfera, Parque Natural, Rede Natura 2000 sexan figuras non só de protección e recoñecemento duns valores ambientais, senón oportunidades para a xeración de emprego e a fixación da poboación que quere apostar por vivir no medio rural.

A sustentabilidade ambiental nos espazos naturais protexidos, é o camiño para a creación de oportunidades de futuro que permitan manter a poboación que necesitamos para dar continuidade á agricultura, a gandaría e a xestión dos nosos recursos forestais, única verdadeira protección contra os incendios, principal ameaza dos espazos naturais, do rural, e do monte en Galicia.

Aínda que o Parque Natural correspóndese cunha figura de protección da lexislación autonómica, a Rede Natura 2000 é unha figura legal da lexislación da Unión Europea, e a Reserva da Biosfera está promovida pola UNESCO, e a pesar de que como en Entrimo, moitas veces as tres figuras se superponen no mesmo territorio, están coordinadas na súa aplicación de forma que sexan coherentes e estean harmonizadas nos distintos instrumentos de xestión do territorio.

Espacios Protegidos