Espazos protexidos > Parque Natural

Diferéncianse dúas subzonas: A ZPDG-A1, onde se sitúa o Barranco de Olelas e a ZPDG-A2, que comprende as zonas altas da Serra do Quinxo e Serra de Queguas. Fundamentalmente áreas de vexetación de Matogueira.

Estas zonas estrutúranse sobre estes territorios por ser os dun valor de conservación máis alto, constituídos por unha porción significativa de hábitats prioritarios e hábitats de interese comunitario ou ben de núcleos poboacionais e hábitats de especies de interese para a conservación, especies de aves migratorias e aves do anexo I da DC 79/409/CEE, especies incluídas no Catálogo nacional de especies ameazadas e no Catálogo galego de especies ameazadas. A configuración destas zonas e, consecuentemente, a súa biodiversidade, están ligadas ao mantemento de modelos tradicionais de aproveitamento dos recursos naturais que posúen un elevado grao de compatibilidade co mantemento dos compoñentes, a estrutura e o funcionamento dos ecosistemas. Por iso son as zonas de maior limitación de usos e aproveitamentos.