Espazos protexidos > Parque Natural

Correspóndense coa zona de rexeneración forestal establecida no Decreto 32/1993, de aprobación do Plan de ordenación dos recursos naturais, xunto con outros territorios incluídos na nova delimitación do parque natural. Territorios cun valor de conservación alto, cunha porción significativa de hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE, cunha elevada naturalidade e diversidade, que mostran, xeralmente, unha maior representación territorial dos hábitats de interese comunitario fronte aos de carácter prioritario, ou ben unha porción significativa das áreas prioritarias das especies silvestres de flora e fauna de interese para a conservación. Diferéncianse, no entanto, porque estas unidades intégranse nun territorio cun nivel importante de humanización, no cal existe unha porción tamén significativa de hábitats de interese comunitario, cuxa composición, estrutura e dinámica está intimamente ligada ao mantemento dos sistemas de aproveitamento tradicional. En Entrimo se corresponden fundamentalmente coas superficies forestais, de piñeirais, cerquiños e caducifolias Piñeirais, Caducifolias, Masas de cerquiño e Caducifolias e piñeiro .

Nestas áreas deberase restrinxir ou, de ser o caso, prohibir calquera uso diferente dos que actualmente derivan das actividades agropecuarias e forestais de carácter tradicional e que non sexan compatibles cos obxectivos de conservación.