Espazos protexidos > Parque Natural

Correspóndese coa zona de masas de augas artificiais, as zonas de servizos e cos núcleos rurais e urbanos, establecida no Plan de ordenación dos recursos naturais, establecidas no Decreto 32/1993 de aprobación do Plan de ordenación dos recursos naturais, xunto con outros territorios incluídos na nova delimitación do parque natural. Territorios cun valor de conservación medio ou baixo nos que predominan os medios seminaturales cunha reducida naturalidade e medios antrópicos desvinculados, na maioría dos casos, dos sistemas de explotación tradicional dos recursos naturais.

Inclúense tamén dentro da zona de uso xeral as áreas cun importante nivel de urbanización, igualmente afastado dos parámetros que caracterizan os asentamentos tradicionais, así como grandes áreas destinadas ao uso público. A xestión destas zonas debe orientarse a evitar a fragmentación e o illamento das zonas de maior valor. Inclúe os territorios do espazo natural que nos instrumentos de ordenación urbanística, adaptados e conformes á normativa estatal e autonómica en materia de ordenación do territorio e urbanismo, teñan a clasificación de chan urbano ou de chan de núcleo rural.

Inclúe as zonas de dominio público das infraestruturas de comunicación de titularidade estatal, autonómica, provincial ou local. Na planificación do espazo natural, a ZPDG-D debe ser capaz de absorber a maior parte das actividades de carácter recreativo, co fin de reducir a presión destas sobre as áreas que posúen hábitats ou especies cunha elevada fraxilidade.