Espazos protexidos > Rede Natura

A ZEPA de Entrimo forma parte da ZEPA É000376 Baixa Limia-Serra do Xurés, con data de declaración do 2/04/2004, cunha superficie total de 31.287 ha. Valórase a importancia desta área para a conservación dunha rica avifauna, que se reflicte nas numerosas especies de Aves da comarca.

A declaración da Rede Natura foi posterior á de Parque Natural, que foi feita xa no ano 1993. É de notar que toda a zona de Entrimo comprendida no Parque Natural, trala ampliación do mesmo que sinala o PORN, é á súa vez Rede Natura 2000.

No caso do LIC e ZEPA da Baixa Limia – Serra do Xurés, o Plan de Uso e Xestión aínda non está redactado, aínda que é de esperar que cando se faga, dado que toda a superficie do LIC ou ZEPA coincide coa declarada como Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, establecerase directamente, con algunha precisión menor, que será o mesmo Plan de Ordenación de Recursos Naturais, PORN que regula o Parque Natural, o que funcionará na práctica como Plan de Uso e Xestión do LIC e a ZEPA.