Espazos protexidos > Reserva da Biosfera

A zona de transición de Entrimo correspóndese con aquela parte do termo municipal que está fóra dos ámbitos do Parque Natural e da Rede Natura 2000.

Na zona de transición da Reserva atópanse localizadas a maioría dos núcleos de poboación.

Correspóndese cunha zona fortemente poboada, onde se atopan a maioría dos servizos, (educación, sanidade, servizos administrativos, servizos municipais, etc), e das actividades produtivas da zona (agricultura, gandaría, pastoreo, silvicultura, etc), así como algunhas actividades extractivas e industriais de baixo impacto.