Natureza > Fauna Cinexética

Cachena

Xunto á fauna salvaxe de indubidable interese ecolóxico, Entrimo posúe dous exemplos de gando rústico, que durante os séculos os seus habitantes souberon coidar e seleccionar, para alcanzar unha perfecta adaptación ao medio, como son a vaca cachena e o “garrano”, Equus caballus, raza de cabballo luso – galaica.

A vaca cachena ten un aspecto inconfundible, co seu pequeno tamaño e gran cornamenta, moi aparente, que lle dá un certo parecido co cebú africano. É un animal que dá unha carne moi prezada e de sabor característico. Está perfectamente adaptada á vida ao aire libre, en réxime de pastoreo extensivo, poidendo alimentarse dos escasos pastos e matogueira, e sobrevivir aos rigores invernais da serra e defenderse do lobo, ao que ás veces paga o seu tributo. Tamén raza autóctona, aínda que de menor presenza e máis propia de Portugal é a vaca “barrosa”.

O garrano, ou pónei galego, tamén é un exemplo de adaptación á serra mediante a selección xenética levada a cabo durante séculos. Esta especie estase reintroduciendo no parque. Do mesmo xeito que a cachena a súa alimentación está perfectamente adaptada ás matogueiras e plantas herbáceas da serra do Xurés. Xunto coa cachena forma un interesante instrumento para a xestión da matogueira e da vexetación mediante o pastoreo, diminuíndo a carga do combustible do monte e a posibilidade de ocorrencia dos incendios forestais.