Natureza > Fauna Salvaxe

Fauna Salvaje5

Das especies de vertebrados, o 61% corresponde ás aves, o que xustifica entre outras cousas, a declaración de parte do territorio como a ZEPA E0000376, (Zona de Especial Protección de Aves da Baixa Limia-Serra do Xurés), dentro da Rede Natura 2000.

No total do territorio da Reserva da Biosfera atópanse un total de 184 especies de aves, que viven temporal ou permanentemente na zona, representando o 76% das censadas en Galicia, un elevado número de especies, tendo en conta que faltan as propias dos humidais continentais, marismas e de áreas costeiras. Gran parte das mesmas, son visibles en Entrimo.

Un 3% das especies de aves presentes na área están clasificadas como ameazadas, un 5% como vulnerables e un 1% como raras.

Das que podemos considerar dalgunha maneira as raíñas das aves, que son as especies rapaces, Entrimo posúe auténticos tesouros para o ornitólogo afeccionado, coa particularidade de que as rapaces son en xeral, especies sinxelas de ollar, pola súa envergadura e os seus costumes de voo e planeo alto, en busca de presas.

Así en Entrimo poderemos gozar do maxestuoso voo das máis grande das rapaces ibéricas, da aguia real Aquila chrysaetos, só superada en envergadura na península polo voitre e o quebrantahuesos.

Coa aguia real comparten status de “Perigo de Extinción” en Entrimo o alcaraván, Burhinus oedicnemus, a becacina Gallinago gallinago e o milano real Milvus milvus.

Outras rapaces visibles son o falcón peregrino Falco peregrinus, o miñato, Accipiter nisus, a aguia perdicera Hieraetus fasciatus e a aguia culebreira Circaetus gallicus.

A listaxe completa das especies de aves presentes na zona pódese consultar no Anexo do PORN da Baixa Limia-Serra do Xurés.