Natureza > Fauna Salvaxe

Fauna Salvaje2

O visitante de Entrimo gozará das oportunidades de contemplar unha gran variedade de fauna, tanto Aves, Mamíferos, e Anfibios e réptís. A variedade é consecuencia dos múltiples diferentes hábitats que orixina a interacción entre as características orográficas e as diversas comunidades vexetais presentes na zona. Así, contabilízanse no territorio un total de 268 especies de vertebrados (peces, anfibios, réptís, aves e mamíferos), e 1196 especies de invertebrados referenciados no Parque da Baixa Limia-Serra do Xurés, gran parte dela presente no termo de Entrimo.

Das especies de vertebrados, o 61% corresponde ás aves, o que xustifica entre outras cousas, a declaración de parte do territorio como ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves), dentro da Rede Natura 2000.

Desde o punto de vista faunístico, como relación entre o territorio total e o número de especies no presente, a Baixa Limia- Xurés posúe unha diversidade superior á do resto de Galicia (case o dobre do Índice de diversidade) e a de países europeos como Alemaña, Luxemburgo, Bélxica, Holanda, Dinamarca, ou o Reino Unido.

Ademais da Fauna salvaxe Fauna salvaxe Entrimo posúe unha importante Fauna cinexética e unha fauna moi peculiar, como é o Gando rústico autóctono adaptado ás condicións duras da Serra, que xoga un importante papel ecolóxico.