Natureza > Fauna Salvaxe

A listaxe de mamíferos que o visitante deste Parque natural pode atopar é sorprendente. Hai censadas nada menos que 41 especies, o que constitúe o 65% do total galego, sendo, por tanto, unha das zonas de Galicia de maior riqueza desta Clase de vertebrados. Ademais un total de 12 mamíferos están incluídos nalgún dos anexos da Directiva 92/43/CEE, de entre as que destacan a nutria, Lutra lutra, e o desmán Galemys pyrenaicus, incluídos no Anexo II do mesmo xeito que 5 morcegos. Entre os mamíferos hai 28 especies, que se recollen nas listaxes dos Convenios de Berna e Bonn.

Outros mamíferos representativos son o ourizo europeo, Erinaceus europaeus, o topo ibérico, Talpa occidentalis, a musaraña anana, Sorex minutus, o morcego de ferradura, Rhinolophus ferrumequinum, a donicela, Mustela nivalis, e os seus parentes próximos, o tourón, Meles putos, o teixugo, Meles meles, e a garduña Martes foina, a nutria, Lutra lutra, a xeneta Genetta genetta, o esquío común, sciurus vulgaris, e o gato montés Felis syvestris.

Fauna Salvaje4

Están presentes como predadores o raposo, Vulpes vulpes, e o lobo Canis lupus, habéndose extinguido o oso, Ursus arctos, xa no século XIX.

O coello, Oryctolagus cuniculus, a lebre, Lepus granatensis, o xabaril Osseus scrofa, e o corzo, Capreolus capreolus, forman parte da Fauna cinexética de Entrimo.

Igualmente é importante destacar a presenza da cabra do Xurés, Capra pyrenaica lusitanica, desaparecida en 1890, e reintroducida no parque en 1997. Igualmente, aínda que non forma parte da fauna salvaxe, é moi interesante o Gando rústico autóctono de Entrimo, pola súa peculiar adaptación ao medio e o importante papel ecolóxico que xoga na xestión do ecosistema local.