Natureza > Flora

O ollo atento do visitante poderá comprobar como no sotobosque de moitos piñeirais, aqueles con o chan de suficiente profundidade, frescura e calidade, desenvólvense as especies frondosas. No momento da curta do piñeiral poderíase optar por deixar as frondosas para o seu desenvolvemento futuro, ou ben volver favorecer a saída dos piñeiros con accións específicas de repoboación e selección do arboledo.

En todo caso, calquera das dúas masas pola que se opte, precisará de coidados selvícolas e tratamentos, para mellorar a calidade da madeira, e para evitar pragas, enfermidades, e diminuír o risco de aparición e propagación de incendios forestais.