Natureza > Flora

As densas formacións de cerquiño, Quercus pyrenaica, que anteriormente formaban a vexetación clímax da zona, quedaron actualmente relegados a pequenos bosquetes ou exemplares illados.

En xeral, localízanse en zonas de valgada, acompañados por carballos Quercus robur, sobreiras Quercus suber, castiñeiros Castanea sativa, e freixos Fraxinus sp. Cada vez con maior frecuencia, por mimosas Acacia dealbata, que polo seu carácter invasor empeza a xerar problemas nalgunhas zonas do Parque, aínda que o PORN do mesmo contempla accións específicas para a súa eliminación e substitución por piñeirais ou vexetación autóctona.