Natureza > Flora

O lume é un factor natural da sucesión vexetal, e a natureza está perfectamente preparada para recuperarse tras o paso dun incendio. Os raios foron a causa fundamental do incendio forestal até a chegada do home, pero a acción humana convertérono no principal factor de destrución dos espazos naturais, especialmente nas zonas nas que aparece con moita frecuencia, xa sexa como práctica para xerar pastos, por accidente ou por outras motivacións intencionadas.

Son estes incendios moi repetidos no tempo, os que causan os maiores danos, pois fan desaparecer o arborado (porque arde un mesmo terreo antes de que as árbores póidanse recuperar para producir semente), e finalmente producen a erosión do chan e a incapacidade do mesmo para volver ter árbores, co que se instala a matogueira de forma permanente. De aí a importancia da actividade humana nos espazos naturais como o de Entrimo, tanto na faceta da prevención, a través da ordenación do territorio e o uso sustentable dos montes e terras de pastos e cultivos coa agricultura e gandaría, así como na rexeneración dos montes tras o paso do lume mediante repoboacións forestais. De xeito que estes montes recuperen canto antes a súa capacidade produtiva e de protección do chan fronte á erosión, así como a súa capacidade de albergar a fauna salvaxe.