Natureza > Flora

As grandes variacións climáticas, de altitude, pendente, e substrato rochoso da zona, así como as diferentes prácticas culturais e gandeiras que levan a cabo desde hai 4.000 anos, fan que a flora sexa tamén moi variada.

Así o visitante poderá atopar especies características da rexión Eurosiberiana e da Mediterránea, Están citadas nada menos que 807 especies de flora vascular na comarca dá Baixa Limia-Xurés, das que 117 son endémicas da Península Ibérica, e delas 71 cunha área restrinxida dentro dela. Ademais existen polo menos 5 especies endémicas da zona, Armeria humilis subsp humilis, Armeria sampaioi, Ceratocapnos claviculata Subsp. Picta, Narcissus juresianus e Galium belizianum. Existen 7 especies clasificadas na categoría de “perigo de extinción” e outras 11 especies na categoría “vulnerables”.

Todo iso dános idea da rica biodiversidade florística da zona, e da importancia da súa conservación.

As principais unidades florísticas e da paisaxe que o visitante pode gozar en Entrimo e que configuran a súa paisaxe son as seguintes.