Natureza > Paisaxes

As paisaxes de Entrimo son moi variadas, debido ao escarpado do terreo, á presenza de vales encaixados con ríos con bosques de galería, e á presenza de masas boscosas de frondosas, da familia do carballo e o castiñeiro. Esta presenza do verde frondoso, contrasta fortemente coas zonas máis escarpadas, onde as formas erosionadas do granito, toman a substitución na conformación da personalidade da paisaxe.

Isto é o que ocorre nas dúas serras características de Entrimo, a de Queguas e a de O Quinxo. Esta útima pola súa cara Oeste, remata no río do Castro Leboreiro, onde se atopa o barranco de Olelas, ao pé da aldea do mesmo nome, sen dúbida un dos lugares de maior beleza, xa non de Entrimo, senón de todo o Parque Natural. Igualmente os “lugares” ou núcleos de poboación, rodeados de prados e terras de cultivos, cinto vexetal que os protexe do alcance dos incendios forestais, son un elemento que axuda a dar contraste de textura e cor á paisaxe.

Existen numerosas igrexas, casas tradicionais, mámoas, e elementos constructivos tradicionais que enriquecen a paisaxe e garanten experiencias estéticas singulares ao visitante.

Paisaje

Para ver máis paisaxes »