Natureza > Ríos e encoros

Entrimo conta con tres grandes encoros, denominados As Cunchas, Salas e Lindoso, este último é o límite sur do municipio.

  • Encoro de Salas
    Cota máxima de 835 m.sobre o nivel do mar. Localizado no río Salgas. Asociado a unha central eléctrica.

  • Encoro das Cunchas
    Cota máxima de 550 m.sobre o nivel do mar. Primeiro encoro existente augas abaixo na zona. Localizado no río Limia, xunto ao encoro do Lindoso. Asociado a unha central eléctrica.

  • Encoro de Lindoso
    Cota máxima de 340 m.sobre o nivel do mar. A presa deste encoro, propiedade portuguesa, localízase en Portugal (pertence a EDP), aínda que a maior parte do terreo asulagado sexa español. Asociado a unha central eléctrica. Dous dos Montes Veciñais en Man Común de Entrimo- Olelas e Reloeira-Lantemil)- limitan parcialmente coas súas augas.