Natureza > Ríos e encoros

A rexión central de Entrimo atópase regada en 11 Km, por este río e afluentes, conformando un val longitudinal de dirección Norte-Sur. Carácter permanente e de importancia no regadío do municipio. Nace na serra do Quinxo, no Monte Veciñal en Man Común de Guxinde, recollendo as augas da devandita serra até desembocar no encoro do Lindoso.

Transcorre polas entidades locais de Guxinde, Pereira, Bouzadrago, Ferreiros e A Terrachán.