Natureza > Ríos e encoros

O río Limia, que discorre polo extremo Sur de Entrimo, é a principal corrente de auga no municipio, conformando un val lonxitudinal de dirección Oeste- Sur. Á altura da Vega de Ponteliñares, este río discorre ao redor de bosquetes de carballo e pasteiros encharcados no inverno, factor que favorece a existencia de hábitats acuáticos e boscosos.

Este río nace a 900 metros de altitude, coa súa cabeceira na confluencia dos regachos Sas de Pedroso, Valdelobos e Freixo, lugar de Paradiña-Alberguería (Portugal).